Thursday 09 de May de 2024

Preto de 20 equipos de Medio Ambiente traballan a diario na desinfección da cidade, en coordinación con Protección Civil


 

No plan de limpeza das rúas, o persoal ten en conta as actuacións que este colectivo realiza en infraestruturas dependentes doutras administracións, como residencias de maiores, para completalas na súa parte exterior
Un total de 14 equipos da Concellería de Medio Ambiente
desinfectan a diario as rúas e as instalacións municipais en coordinación con Protección
Civil da provincia da Coruña, de xeito que, se desde este colectivo traballan na limpeza de
infraestruturas dependentes doutras administracións, como residencias de maiores, as/os
profesionais locais completan a actuación na súa parte exterior.
Este cadro de persoal realiza labores as 24 horas, en quendas de día (das 7.00 ás 00.00
horas) e nocturnas (de 22.00 a 6.00 horas), co fin de garantir a seguridade e hixiene das e
dos veciños canto ás vías da cidade, distribuído en nove zonas. Os equipos percórrenas
todas e visitan diariamente instalacións en que se lles está a dar servizo a distintos
colectivos neste confinamento, como o Pavillón dos Deportes de Riazor, a Cociña
Económica ou as entidades sociais Padre Rubinos e Cáritas Interparroquial, así como os
mercados municipais.
Ademais, outras infraestruturas que se atopan pechadas neste período, como os pavillóns
deportivos ou os colexios, están sendo desinfectadas e clausuradas para asegurar que
están en perfecto estado de uso cando finalice o estado de alarma. Por outra parte, catro

Nota de Prensa

equipos máis dedícanse en exclusiva a desinfectar os colectores do lixo, unha tarefa que
reforzan desde Cespa con vadeadores e alxibes. Segundo a concelleira de Medio
Ambiente, Esther Fontán, o plan de limpeza execútase tamén tendo en conta en todo o
momento os puntos en que traballan a Xunta e mais a UME para coordinárense e seren
máis eficientes entre todas/os.
Da mesma maneira, preparan os equipamentos públicos de cara ao futuro e, nese aspecto,
están elaborando unha campaña de concienciación que lanzarán cando as saídas da
cidadanía aumenten: “Temos que conseguir que o noso compromiso sexa para sempre e
implementar hábitos que contribúan a ter unha mellor salubridade”. Non se trata, aclara a
edila, dunha cuestión de estética e imaxe da cidade, senón de que as e os coruñeses se
decaten que, se deixan de tirar envoltorios, gomas de mascar, cabichas ou calquera outro
residuo, contribuirán a evitar infeccións.
A concellería aproveitará a instalación dos novos colectores e a posta en marcha de novos
servizos por parte da empresa de recollida de lixo para incidir no papel que ten a veciñanza
para conseguir que A Coruña sexa segura.